xoves, 2 de xuño de 2016

Reposteiros de Eladia

REPOSTEIROS DE ELADIA MARIÑO

Hoxe, 2 de xuño, o alumnado de quinto e sexto, puxeron o mandil e convertíronse en reposteiros.

Aprenderon que iso das mesturas homoxéneas e heteroxéneas, os cambios físicos e químicos, ..., poden resultar MOI SABOROSOS!!

Antes de meternos en faena, traballamos:

- Como adaptar a receita a distinto número de persoas ( cálculo proporcional e calculando para unha persoa). Uso da báscula e outras formas de medida.

- Coñecer os conceptos de mesturas e cambios físicos e químicos.

- Ingredientes e elaboración de receitas; Browni e biscoito de nata.

- Dentro do programa PORTFOLIO traballouse a receita do Browni nos tres idiomas: galego, inglés e castelán.

E POR FIN, A COCIÑAR...












Ningún comentario:

Publicar un comentario