domingo, 17 de decembro de 2017

RADIO04-12-2017

RADIO 04-12-2017


EQUIPO RADIO CABANAS Data emisión 04/12/2017


COORDINADORA


MARA 6º

PRESENTADORA


AINHOA 5º

PRESENTADOR


BRUNO 6º

TÉCNICO


MARTÍN 6º

TÉCNICA


ESTEFANÍA 6º

PARTICIPANTES





Alumnado de 5º.
Alumnado de 6º.




O alumnado de quinto tratou o tema da violencia de xénero.
Na sección de relatos, Sofía e Laura, falaron sobre "Juana la Loca".
Unha vez máis, Diego, foi o home do tempo.
Para ver toda a información do programa clica en LIBROUCHO


domingo, 26 de novembro de 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de sexto únese á campaña NON A VIOLENCIA
 As mestras tamén.

RADIO 17-11-2017

RADIO 17-11-2017

Un novo programa de radio, que esta vez tivo dúas novidades: estrea das seccións "PALABRAS DO DEREITO E DO REVÉS" e "RELATOS DA HISTORIA PARA CONTAR". O relato trataba sobre a planta do tabaco e a súa implantación en España. Foi presentado por Iria, Puerto e Ángel de sexto.





PARA VER TODO O PROGRAMA CLICA AQUÍ

TEATRO

MES DE TEATRO

Este mes de novembro, o alumnado de sexto, disfrutou de dúas funcións teatrais. A primeira foi no Pazo da Cultura de Narón e a obra titúlase "LÚA": Unha obra que fai reflexionar sobre as fronteiras, as desigualdades, a violencia, ...





No colexio tamén poidemos presenciar a obra: "O VALO" creada por Pallasos en Rebeldía".

Dous actores interveñen no espectáculo "O valo" , baseado no texto homónimo que lle valeu a Carlos Labraña o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Cómpre ter en conta que o conflito en Siria obrigou a máis de cinco millóns de persoas a abandonar o país na procura de refuxio noutros lugares, entre as que se achan moitas menores. "O valo" é unha obra escrita en homenaxe a todas elas, para que as teñamos presentes e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valados, muros e fronteiras que separan os seres humanos.


mércores, 8 de novembro de 2017

RADIO CABANAS 23-10-2017

RADIO CABANAS 23-10-2017




Foi un programa no que participaron os máis pequenos, o alumnado de EI de 4 e 5 anos. Coma sempre mostraron gran dominio e saber estar.
O alumnado de sexto, mostrou a preocupación colectiva polos últimos acontecementos en Galicia: Os incendios que arrasaron miles de hectáreas.

Para ver o programa clica na imaxe da nosa árbore queimada.



luns, 9 de outubro de 2017

RADIO CABANAS 06-10-2017

RADIO CABANAS 06-10-2017

Iniciamos o curso cunha programación de Radio Cabanas dedicada a dar a benvida ao alumnado de E. Infantil de tres anos. Queremos felicitar o bo facer do alumnado de sexto, en especial dos presentadores, técnicos, coordinadoras e artistas do circo.





venres, 8 de setembro de 2017

domingo, 25 de xuño de 2017

domingo, 18 de xuño de 2017

TÍTERES CLASE DE SEXTO

QUE LLE DI UN CHIMPANCÉ A UN GORILA

O alumnado de sexto, atendendo a un reto que lles propuxo a mestra Nati, escribiron e escenificaron unha pequena obra de títeres. Fixeron o guión, decorados, parte técnica, dirección ...

Participou toda a clase, intercambiando os papeles protagonistas.

Fixeron representacións para todo o colexio e ESTA É UNHA PROBA DO RESULTADO FINAL:


















mércores, 14 de xuño de 2017

DEBUXOS DE LETRAS GALEGAS 2017

VIDEO DEBUXOS LETRAS GALEGAS 2017

AUTOR: BRAIS COUCE

PROXECTO EXIPTO EI 4 ANOS

PROXECTO EXIPTO 

O alumnado de EI de 4 anos elaborou un gran proxecto sobre EXIPTO. 
Invitou aos alum@s de sexto a visitar a súa clase. Fixeron unha presentación do seu traballo impresionante.
O alumnado de sexto, recolleu en fotografías ese momento. Aquí tedes unha pequena mostra nun video feito por Teo Álvarez:


domingo, 11 de xuño de 2017

ACAMPADA 2017


ACAMPADA 2017

Espero que esta experiencia fose do agrado de todos e todas e que quede para sempre na vosa memoria.

sábado, 3 de xuño de 2017

RADIO26-05-2017

RADIO CABANAS 26-05-2017

Felicitacións por un programa estupendo. Visita Libroucho para ver o programa.