domingo, 26 de novembro de 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de sexto únese á campaña NON A VIOLENCIA
 As mestras tamén.

RADIO 17-11-2017

RADIO 17-11-2017

Un novo programa de radio, que esta vez tivo dúas novidades: estrea das seccións "PALABRAS DO DEREITO E DO REVÉS" e "RELATOS DA HISTORIA PARA CONTAR". O relato trataba sobre a planta do tabaco e a súa implantación en España. Foi presentado por Iria, Puerto e Ángel de sexto.





PARA VER TODO O PROGRAMA CLICA AQUÍ

TEATRO

MES DE TEATRO

Este mes de novembro, o alumnado de sexto, disfrutou de dúas funcións teatrais. A primeira foi no Pazo da Cultura de Narón e a obra titúlase "LÚA": Unha obra que fai reflexionar sobre as fronteiras, as desigualdades, a violencia, ...





No colexio tamén poidemos presenciar a obra: "O VALO" creada por Pallasos en Rebeldía".

Dous actores interveñen no espectáculo "O valo" , baseado no texto homónimo que lle valeu a Carlos Labraña o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Cómpre ter en conta que o conflito en Siria obrigou a máis de cinco millóns de persoas a abandonar o país na procura de refuxio noutros lugares, entre as que se achan moitas menores. "O valo" é unha obra escrita en homenaxe a todas elas, para que as teñamos presentes e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valados, muros e fronteiras que separan os seres humanos.


mércores, 8 de novembro de 2017

RADIO CABANAS 23-10-2017

RADIO CABANAS 23-10-2017




Foi un programa no que participaron os máis pequenos, o alumnado de EI de 4 e 5 anos. Coma sempre mostraron gran dominio e saber estar.
O alumnado de sexto, mostrou a preocupación colectiva polos últimos acontecementos en Galicia: Os incendios que arrasaron miles de hectáreas.

Para ver o programa clica na imaxe da nosa árbore queimada.