sábado, 25 de abril de 2015

XV REBUMBIO MATEMÁTICO

O venres 24 de abril, Adrián, Roi e Xiaran representaron a toda a clase de sexto no concurso Rebumbio Matemático, organizado pola Asociación Galega de profesores de matemáticas.

Antes de empezar, concentrados.




Aquí xa co traballo feito, repoñendo forzas.






EXCURSIÓN AO GROVE

martes, 14 de abril de 2015

EXCURSIÓN AO MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

O pasado 10 de Abril fumos ao Museo de Belas Artes de A Coruña. Vimos a exposición do "Primer Picasso". Esta está baseada nas producións que fixo Picasso nos anos que viveu na cidade de A Coruña (cando tiña entre 9 e 13 anos). Había tamén obras de distintos mestres.
Despois da visita subimos ao Monte San Pedro. É un parque que ten unha cúpula (Mirador), antigas baterías de defensa, estanques, un laberinto... Recomendamos a todos que visiten a zona, porque hai unhas vistas preciosas.