luns, 28 de abril de 2014

                                     DÍA DO LIBRO

                                    23 DE ABRIL

O día 23 de Abril, no noso colexio celebramos o "DÍA DO LIBRO" .
Nós, os de quinto, explicamos a historia da celebración deste día. Tamén, incluímos a biografía do célebre escritor Gabriel García Márquez, que acaba de falecer.







Despois, fixemos a entrega de premios do concurso literario "A ÁRBORE MÁXICA ",
que é un concurso  onde participaron: terceiro, cuarto, quinto e sexto.
Gañaron moitos nenos/as que recibiron unha libreta para notas como premio.
Estes son os gañadores.



















xoves, 3 de abril de 2014

O Castañeiro de Abril

O  mércores 2 de Abril estivo na nosa escola Antonio Manuel Fraga. É o autor do conto ´´ O Castañeiro de Abril´´, un conto lido por toda a clase e gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2013. Ademais da nosa clase, tamén asistiron 3º, 4º e 6º. En primeiro lugar, explicounos como se inspirou para facer o conto e logo  fixemos preguntas. Tiveron que deter as preguntas, se non, seguiríamos ata o recreo. Ao rematar, asinounos o libro. Foi unha moi boa experiencia para todos.