martes, 14 de abril de 2015

EXCURSIÓN AO MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

O pasado 10 de Abril fumos ao Museo de Belas Artes de A Coruña. Vimos a exposición do "Primer Picasso". Esta está baseada nas producións que fixo Picasso nos anos que viveu na cidade de A Coruña (cando tiña entre 9 e 13 anos). Había tamén obras de distintos mestres.
Despois da visita subimos ao Monte San Pedro. É un parque que ten unha cúpula (Mirador), antigas baterías de defensa, estanques, un laberinto... Recomendamos a todos que visiten a zona, porque hai unhas vistas preciosas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario