sábado, 31 de xaneiro de 2015

EXCURSIÓN A CORUÑA
O luns día 12 de xaneiro fumos de excursión a A Coruña. A primeira parada foi no Museo do Home ou a Domus. Vimos un documental en 3D sobre a construción dun Boing (un avión). Visitamos as distintas exposicións: ósos, utensillios de cociña, inventos... Habia moitos xogos de habilidades. Un deles consistia en poñer a mente en branco e intentar desprazar unha bóla ata o lado contrario. Ás doce e media chegamos á Casa dos Peixes Visitamos a sala Nautilus, que estaba dedicada ao capitán Nemo ("Vinte mil leguas de viaxe submarino-Julio Verne"). O que mais nos gustou foi o tiburón toro. Tamen visitamos unha sala onde se podían distinguir distintos ecosistemas mariños. Aprendimos a inportancia da acuicultura como base da alimentación. 
No exterior estaban as focas e unha poza con raias.
Son impresionantes as vistas do mar e o romper das olas.
A pena foi non ter máis tempo para ver todo isto con máis calma.



Ningún comentario:

Publicar un comentario