luns, 24 de novembro de 2014

CHARLAS SOBRE OS PERIGOS DAS DROGAS E SOBRE A IGUALDADE

Nestes días tivemos a visita dun representante da garda civil e dunha especialista sobre a igualdade. O garda civil falounos sobre as drogas legais e ilegais, o  concepto e a forma na que afecta ao noso corpo. Quedamos moi avisados dos perigos de aceptar agasallos de descoñecidos. AS DROGAS DESTRUEN A TÚA VIDA E A DA TÚA FAMILIA.

Unha rapaza chamada Cristina, falounos sobre a igualdade. Tratamos os temas de corresponsabilidade, os estereotipos e o machismo. O mellor foi cando nos puxo un video dun anuncio de Puntomatic. Aparecían homes bailando ao ritmo dunha canción moi graciosa.
Previamente á charla completamos unhas enquisas sobre o traballo doméstico.
NÓS CREMOS NA IGUALDADE, E TI ?






Ningún comentario:

Publicar un comentario