xoves, 3 de abril de 2014

O Castañeiro de Abril

O  mércores 2 de Abril estivo na nosa escola Antonio Manuel Fraga. É o autor do conto ´´ O Castañeiro de Abril´´, un conto lido por toda a clase e gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2013. Ademais da nosa clase, tamén asistiron 3º, 4º e 6º. En primeiro lugar, explicounos como se inspirou para facer o conto e logo  fixemos preguntas. Tiveron que deter as preguntas, se non, seguiríamos ata o recreo. Ao rematar, asinounos o libro. Foi unha moi boa experiencia para todos.

                                                                                   

Ningún comentario:

Publicar un comentario